Directory

Wikipedia:Autobiografía - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wikipedia:Autobiografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para previr disputas prolongadas sobre o significado, precisión dos feitos ou a neutralidade do material en temas en que vostede está persoalmente vinculado, é unha boa idea esperar, antes de crealos ou modificalos, ata que outros usuarios da Wikipedia teñan traballado nel. Isto é especialmente certo para as autobiografías.

Se creas un novo artigo sobre ti mesmo, é probable que sexa colocado na lista de páxinas para borrar, podendo dar lugar a un forte debate. Isto non significa que vaia ser borrado sen unha revisión e consenso previo, pero é común a consideración de que non debería comezala un mesmo, non importa o importante que se considere a si mesmo. Isto débese a que a creación independente fomenta a validación tamén independente, tanto en significado como en veracidade.

Se eres obxectivamente importante ou significativo, alguén creará un artigo sobre ti antes ou despois. É recomendable incluso evitar a modificación do artigo, baixo os mesmos principios. De facelo, considérase aceptable só cando a nova información sexa verificable e se teña especial coidado con respectar o punto de vista neutral. Adoita ser máis recomendable indicar calquera obxección ou corrección que se consideren necesarias na páxina de conversa do artigo.

Principios semellantes aplícanse a artigos sobre traballos dos que poidas ser responsable, da empresa que dirixes, un sitio web que empezaras, ou un libro que teñas escrito. Usa o sentido común e evita os conflitos de intereses.

Lembra tamén que calquera cousa que publiques na Wikipedia pode ser editada por outros editores. Moitos artigos autobiográficos levan a conflitos debido ao punto de vista particular do autor orixinal logo dun período de edición realizado pola comunidade, con casos nos que ata foi solicitada a eliminación polos autores orixinais.

Problemas fundamentais das autobiografías

[editar a fonte]

Hai varios problemas fundamentais coas autobiografías:

Problemas nun artigo que trate sobre ti mesmo

[editar a fonte]

Se a Wikipedia ten un artigo sobre ti, a intención é que conteña información correcta, xusta, balanceada e neutral, citando sempre fontes fiables. Se consideras que existen fontes fiables que poden axudar a neutralizar e balancear o artigo, podes axudar a conseguilo indicando estas fontes ao resto de editores.

Podes facer suxestións para mellorar o artigo na súa páxina de conversa. Se o problema é claro e non presenta posibilidade de controversia, podes corrixilo por ti mesmo. Se a edición pode ser mal interpretada, deberías explicala na páxina de conversa. As edicións no teu propio artigo serán aceptadas con toda probabilidade mentres sexan neutrais e cites fontes fiables alleas a ti mesmo.

Se consideras que non se está a prestar atención aos problemas presentes no artigo que trata sobre ti, podes informar disto na Taberna ou no Taboleiro dos administradores.